SEMPRE NOS QUEDARÁ PORTUGAL!
En Vilanova de Cerveira, ao outro lado do río Miño, alí onde falan en portugués, atópase a República das Artes. Un grupo de artistas asociados mantén este edificio aberto, cedido polo concello, coa idea de que nunca estea baleiro, e de que o contido que encha cada galería sexa a proposta dun dos socios, que teña coherencia de por si, e serva para evitar a decadencia da creación artística. [...]
CARA UNHA SAÍDA DEMOCRÁTICA DA CRISE
Entre asentos textura granate, pan de ouro, e a atenta mirada dos rectos retratos e inspiracións plasmadas no teito e paredes, transcorreu un xogo organizado por Ania González e Horacio González, onde os participantes tiñan moito por gañar e pouco por perder.
FAC ALL | Crónica dunha despedida
Hai máis dun ano e tres meses que cheguei a unha casa sita en A Peregrina para tomar un té cun grupo de artistas que tiñan aquel lugar por taller, e por vivenda. Foi daquela, cando a idea de crear un espazo de exposición fóra dos circuítos convencionais de carácter comercial e institucional, tomaba forma e contido. Foi, tamén daquela, cando comezou a súa andaina culturadeseu.com. Un mes máis tarde, nacía o Furancho de Arte Contemporánea, baixo a tutela dos artistas Olmo Blanco, Diego Vites, e a crítica cultural e comisaria Ania González, nun evento que se deu en chamar FAC OFF. Quince meses máis tarde, logo de acubillar decenas de exposicións, coloquios, entrevistas, laboratorios e artistas, botan o peche definitivo, a berro de FAC ALL.
AS MICRO-VIDAS
Mentres os clientes permanecen sentados, na rúa, nunha mesa, nun bar (o Embora), en Compostela, bebendo unha cervexa, Olaia berra: "primeiro pase en cinco minutos". Os consumidores, avezados ou non a este tipo de espectáculos, érguense e, sen deixar a súa bebida, entran na casa. Entran n'A Regadeira de Adela. No seu peto, gardan chaveiros de cores.
WILY FORZA INGOBERNABLE
Comisariada por Ángel Calvo Ulloa, coordinada pola Equipa FAC e producida pola Asociación de
amigos da obra de Wily. Un proxecto de especial pertinencia e importancia polo apoio e visibilidade que supón para a tarefa de investigación e recuperación material da obra do artista Antonio Taboada, Wily; unha responsabilidade para coa Historia da Arte Contemporánea galega á que o FAC Peregrina non quería faltar.
Terceira e derradeira reportaxe sobre a exposición 'Plan de Rescate' que tivo lugar no espazo comercial eLEFANTE330, en A Coruña, en decembro de 2012. Co fin de evitar unha sorte de cadáver exquisito recomendo a lectura das entradas anteriores. Aquí: Edu Valiña, Misha Bies Golas, Marco Godoy, Juan Adrio e Vanesa Díez, Proxecto Socheo e Jorge Perianes. [...]
Esta é a segunda reportaxe sobre a exposición 'Plan de Rescate' que tivo lugar no espazo comercial eLEFANTE330, en A Coruña, o 14 de decembro do 2012.
Nesta entrada repasamos a participación de: PSJM, José Andrés Santiago Iglesias, Jacobo Burgarín, Joan Morera Arbores e Vítor Mejuto. [...]
O venres día 14 Dec. do 2012, acudimos por primeira vez a cubrir un evento á cidade de A Coruña. O motivo foi a exposición denominada 'Plan de Rescate', un one day exhibition que tivo lugar para inaugurar o espazo eLEFANTE330, e que foi comisariada por María Marco (editora de Plétora). (I) Javier Largen, Carmen Delaco, Mauro Trastoy, Enrique Lista, Gemma Pardo, Manuel Eiris, Amaya González Reyes e Héctor Francesch. [...]
Da man ao óleo, do pincel ao lenzo e do estudio persoal á sa de exposición. O proceso é longo e require esforzo e dedicación para que os qualia, esas cualidades subxectivas das experiencias individuais, adquiran formas, texturas e cores. Para que cada un dos momenta, sentimentos e expresións do pathos se perpetúen [...].
PLÉTORA
Un proxecto auto-xestionado, libre, mutante e contemporáneo, que se suma a outros colectivos/publicacións/espazos que apostan ou representan a creación alternativa galega coma Alg-a Lab, FAC Peregrina, Summer Labs, El Halcón Milenario, ou Baleiro Lab; isto é Plétora, a revista dixital de arte contemporánea que naceu a comezos de Xuño e cuxa directora xa coñecedes de entradas anteriores. [...]
Un vía crucis delimitado por unha sucesión de doces cunchas de vieira, ora de chocolate, ora de galleta; un altar que as preside e un retablo que esconde unha torta de Santiago; todos coidadosamente tratados sobre madeira e rodeados por un halo de luz mística. Son os elementos que forman Políptico. [...]
A relación entre o artista e a súas creacións está determinada polo binomio do amor-odio e por unha loita constante, de varios frontes, que require ás veces o atrincheiramento. É unha dialéctica convulsa entre o autor e o lenzo en branco. Entre o autor e si mesmo. Entre o autor, a súa obra e o espectador. [...]
1+1+1+ é a primeira exposición do denominado F.A.C. Convidadxs. É unha das modalidades deste Furancho de Arte Contemporánea afincado como todos sabedes (e senón podedes consúltalo en edicións anteriores, aquí, aquí ou aquí) ás aforas da urbe de Santiago de Compostela, entre Sarela de Arriba e A Peregrina. [...]
Callos, mexillóns e sardiñas en lata, maridados cun bo viño do país, foron os principais ingredentes que bautizaron o primeiro día de vida do F.A.C., que inaugurou con F.A.C. OFF. Como obra presentouse a intervención nos diferentes espazos da casa para reconvertilos nun contenedor apropiado para creación cultural dos nosos días. [...]
O motivo, ou mellor dito, os motivos da miña visita, son tres: Culture Workers o F.A.C., e Ania González (Vigo, 1977), que funciona como punto de ancoraxe. Ela, licenciada en dereito, decidiu realizar un cambio radical na súa vida. Deixou un traballo estable e ben remunerado en Barcelona, no que levaba tres anos como avogada, para intentar que a súa profesión e a súa paixón, a arte, foran un. [...]
Hai lugares que non se poden ver, de non ser que mostres unha interese particular por coñecelos, e particular é o taller no que traballan catro artistas galegos xunto cunha estilista que instalou, entre lenzos, madeiras, porcelana, e pigmentos, o seu, digamos, salón de peiteado underground. [...]
No primeiro esbozo desta reportaxe escribín que quizais a casa d’A Peregrina non goce da pompa e grandeza que no seu día, hai máis de cincocentos anos, tivo a residencia de Lorenzo de Medici en Florencia, alí onde, con trece anos, Miguel Anxo Buonarroti practicou as súas primeiras incisións na pedra branca de Carrara. [...]
Que mellor forma de comezar este periplo que cunha obra censurada por mor dun pudor, que criamos, parte do pasado. Manu Mimé (1986, Ribeira) tivo que ver coma retiraban a súa peza, Ara Porcis, da segunda edición de EmporcARTE xa que ao parecer este porco santificado podería ferir a sensibilidade dalgúns dos asistentes a dita exposición. [...]